Lorenzana visita en Cambados a primeira estación de servizo da provincia de Pontevedra na que xa se pode retirar diñeiro en efectivo
É a primeira da provincia en adherirse ao convenio de colaboración que asinaron a Xunta de Galicia, Abanca e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes)
Este acordo permite que naqueles concellos do rural galego con menos de 20.000 habitantes sexa posible retirar pequenas cantidades de diñeiro nas estacións de servizo adheridas, que contan con terminais de puntos de venda (TPV) de última xeración habilitados













